Austin, Texas

Modelo:Xeografía políticaAustin, Texas
Austin (en) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoStephen F. Austin Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°18′00″N 97°44′00″O / 30.3, -97.7333
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTexas
CondadoCondado de Travis Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación961.855 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.162,34 hab./km²)
Número de fogares395.280 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGreater Austin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.283.371) Editar o valor en Wikidata
Superficie827,51276 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,3491 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude149 m Editar o valor en Wikidata
Creación1835 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataKirk Watson (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal78701–78705, 78708–78739, 78741–78742, 78744–78769, 78701, 78704, 78709, 78711, 78714, 78717, 78719, 78722, 78724, 78728, 78730, 78734, 78737, 78742, 78746, 78749, 78751, 78752, 78757, 78759, 78760, 78763, 78765 e 78769 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico512 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webaustintexas.gov Editar o valor en Wikidata
Twitter: austintexasgov BNE: XX5075184 Editar o valor en Wikidata

Austin é unha cidade, capital do estado de Texas en Estados Unidos. Segundo datos do 2007 ten 743.074 habitantes, o que a converte na décimo sexta cidade dos Estados Unidos en poboación. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, Austin é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da Universidade de Texas en Austin (1883).

En 1730 misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, tonkawa e lipán. En 1838, asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á República de Texas, sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de Stephen F. Austin, considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En 1842, en tempos de Antonio López de Santa Anna, produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a Houston, pero os cidadáns de Austin forzaron o regreso da capitalidade en 1844 cando a anexión de Texas era xa todo un feito.

Texas entrou na Unión (é dicir os Estados Unidos) en 1845 e Austin converteuse en capital do estado en 1850. Tras a Guerra de Secesión, o desenvolvemento económico de Austin viuse impulsado coa chegada do ferrocarril en 1871. Durante o século XX, Austin beneficiouse da utilización da enerxía hidroeléctrica e para regadío do río Colorado. Moitas empresas dedicadas á produción de artigos de alta tecnoloxía establecéronse na súa área metropolitana na década de 1970.

O Capitolio

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne