Australian Football League

Modelo:Competición deportivaAustralian Football League
Imaxe
Nome oficialAustralian Football League (1990–)
Victorian Football League (1897–1989) Editar o valor en Wikidata
TipoAustralian rules football league (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol australiano Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónMelbourne (Victoria) 37°48′51″S 144°57′47″L / -37.8142, 144.9631 Editar o valor en Wikidata
Area de operaciónAustralia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1897 –
1897 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialafl.com.au Editar o valor en Wikidata
Facebook: AFL Twitter: AFL Instagram: afl Editar o valor en Wikidata

A Australian Football League (AFL, do inglés: Liga de Fútbol Australiano) é a competición masculina preeminente e única completamente profesional de fútbol australiano. A través da Comisión da AFL, a AFL tamén serve como organismo reitor do deporte e é responsable de controlar as regras do xogo. Orixinalmente coñecida como a Victorian Football League (VFL), foi fundada en 1896 como unha excisión da Victorian Football Association (VFA), sendo a súa temporada inaugural o ano seguinte. A VFL, co obxectivo de converterse nunha competición de carácter nacional, na década de 1980 comezou a expandirse a outros estados australianos máis aló de Victoria, mudando o seu nome a AFL en 1990. A AFL é a competición con máis audiencia de Australia, tanto en asistencia aos estadios como en espectadores por televisión e seguimento dos medios de comunicación.[1][2]

A liga consta actualmente de dezaoito equipos repartidos en cinco dos seis estados de Australia. A única excepción é Tasmania, aínda que hai moitos movementos que procuran o traslado dun equipo ao estado. Alén das respectivas sedes dos equipos, xóganse encontros da AFL en todos os estados e territorios continentais de Australia, así como en Nova Zelandia e a China para promover o deporte no estranxeiro. A temporada da AFL consiste actualmente nunha liga con 23 roldas disputada durante o inverno australiano (de marzo a setembro). O equipo que finaliza no primeiro lugar da táboa recibe o título do "minor premiership" (do inglés: campión menor). Após a finalización da liga, os oitos equipos mellor clasificados xoga un torneo de eliminación directa composto por catro roldas, o cal culmina na Gran Final de AFL, disputada cada ano no Melbourne Cricket Ground. O gañador da Gran Final recibe o premio de "premiers" (do inglés: campións) e a Premiership Cup (do inglés: Copa de Campións).[3]

  1. "Australian rules football". britannica.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  2. "Australian rules football". topendsports.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  3. "About AFL". afl.com.au (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne