Austroplatypus incompertus é unha especie de escaravello da ambrosía pertencente á familia Curculionidae (os gurgullos), nativa de Australia, cunha distribución verificada en Nova Gales do Sur e Victoria.[1] Forma colonias na cerna do tronco de Eucalyptus e é o primeiro escaravello que se recoñeceu que é un insecto eusocial.[2][3] Considérase eusocial porque os grupos que forma conteñen unha soa femia fertilizada que é protexida e coidada por un pequeno número de femias non fertilizadas que tamén fan a maior parte do traballo.[4] A especie probablemente lles cede fungos cultivados a outros gurgullos.[5]
- ↑ "Australian Government Department of Agriculture, Fisheries and Forestry". Ento.csiro.au. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 2010-10-31.
- ↑ "Science: The Australian beetle that behaves like a bee". New Scientist. 1992-05-09. Consultado o 2010-10-31.
- ↑ D. S. Kent & J. A. Simpson (1992). "Eusociality in the beetle Austroplatypus incompertus (Coleoptera: Curculionidae)". Naturwissenschaften 79 (2): 86–87. Bibcode:1992NW.....79...86K. doi:10.1007/BF01131810.
- ↑ "Sociable Beetles;". Nature 356 (6365): 111. 1992. Bibcode:1992Natur.356R.111.. doi:10.1038/356111c0.
- ↑ Vanderpool, Dan; Bracewell, Ryan R.; McCutcheon, John P. (2018). "Know your farmer: Ancient origins and multiple independent domestications of ambrosia beetle fungal cultivars". Molecular Ecology (en inglés) 27 (8): 2077–2094. ISSN 1365-294X. PMID 29087025. doi:10.1111/mec.14394.