Automobiles Alpine

Automobiles Alpine

Editar o valor en Wikidata
TipoSubsidiaria
Fundación1955
MatrizDieppe, Francia
Persoas clavePhilippe Krief (CEO da empresa e unidade de negocio Alpine)[1]
IndustriaAutomoción
ProdutosAutomóbiles
Número de empregados356 (2021)
Na rede
https://www.alpinecars.com
Facebook: alpinesportscars Twitter: alpine_cars Instagram: alpinecars LinkedIn: alpine-cars Youtube: UCzH4Iwlm8kI09wXbgHvFfIg Pinterest: alpine_cars BNE: XX4576869 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Société des Automobiles Alpine SAS,[2] comunmente coñecido como Alpine (/ˈælpɪn/, fr), é un fabricante francés de coches deportivos e coches de carreiras establecido en 1955. A marca de coches Alpine foi creada en 1954.

Jean Rédélé, o fundador de Alpine, era orixinalmente un propietario de garaxe de Dieppe que comezou a acadar éxito nos deportes de motor cun dos poucos coches franceses que se produciron xusto despois da Segunda Guerra Mundial, o Renault 4CV. A compañía estivo moi relacionada con Renault ao longo da súa historia, e foi comprada por este en 1973.[3]

O departamento de competición Alpine fusionouse con Renault Sport en 1976 e a produción de modelos con distintivo Alpine cesou en 1995. A marca Alpine relanzause coa introdución en 2017 do novo Alpine A110. En xaneiro de 2021, como parte dunha renovación da empresa, Renault anunciou que Renault Sport volveu fusionarse con Alpine para formar unha unidade de negocio Alpine.

En 2024, Alpine comezou a producir vehículos eléctricos ao lanzar o Alpine A290. Como parte da súa expansión global, Alpine anunciou en 2023 plans para entrar no mercado norteamericano en 2027 cun crossover eléctrico de tamaño medio e un gran SUV eléctrico.

  1. "Krief replaces Rossi as CEO of Renault's Alpine brand". Reuters. 20 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-20. 
  2. "Alpine". Societes.com. Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  3. "CONSTRUCTORS: ALPINE (AUTOMOBILES ALPINES)". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 16 de maio de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne