Avalon

"O último soño de Artur en Avalon". Edward Burne-Jones.

Avalon (en latín: Insula Avallonis, en francés antigo: Avalon, en galés: Ynys Afallon, Ynys Afallach; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas[1] onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").

Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.

  1. Kevan Manwaring (maio de 2008). Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden. Heart of Albion. ISBN 978-1-905646-07-4. Consultado o 5 de febreiro de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne