O Avco World Trophy, tamén coñecido como Avco Cup, foi o trofeo entregado ao campión da World Hockey Association (WHA) orixinal (1972-1979). Os dereitos sobre o nome foron comprados pola antiga Avco Corporation (un nome derivado orixinalmente de "Aviation Company"), unha compañía de defensa que mercou os dereitos para anunciar a súa división de financias ao consumo. O trofeo foi ridiculizado por algúns polo seu patrocinio e nunca desenvolveu nada que se achegara ao significado e o sentimento da Stanley Cup, o seu rival da National Hockey League. Con todo, o deseño da copa foi frecuentemente visto como creativo en que se trataba dun globo flotante de vidro gravado embutido no "tronco" da copa. A copa foi deseñada por Frank Bonnerkopf de Boise, Idaho (Estados Unidos).
O líder dos Jets Bobby Hull conquistou o trofeo en tres ocasións, incluíndo a última edición da final da liga fronte aos Edmonton Oilers de Wayne Gretzky; por outra banda, Gordie Howe e os Houston Aeros disputaron o trofeo tres veces e gañárono dúas, mentres que os New England Whalers e os Quebec Nordiques conquistaron a copa unha vez cada un.[1]