Ave é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. Limita ao norte e ao leste coa subrexión de Cávado e coa de Alto Trás-os-Montes, ao leste e ao sur coa de Támega, e ao oeste coa de Grande Porto. Tódolos concellos que forman parte desta subrexión forman parte do Distrito de Braga agás o de Mondim de Basto, pertencente ao de Vila Real. Esta subrexión ten unha extensión de 1.238 km² e unha poboación de 511.737 habitantes (2011[1]), o que supón unha densidade de poboación de 413 hab./km². Compreende 8 concelhos [2][3], agrupados na Comunidade Intermunicipal do Ave: