Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Aveiro | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Aradas (pt) Cacia (pt) Eixo e Eirol (pt) Esgueira (pt) Glória e Vera Cruz (pt) Oliveirinha (pt) Requeixo, Nossa Senhora de Fátima e Nariz (pt) Santa Joana (pt) São Bernardo (pt) São Jacinto (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 78.450 (2011) (397,05 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 197,58 km² | |||
Altitude | 25 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Santa Joana, Princesa de Portugal (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3800 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 234 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-aveiro.pt | |||
Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao norte de Coímbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.
É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e conta con 78 450 habitantes segundo o censo de 2011[1]; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no océano Atlántico, polo oeste.
É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.