Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Aveiro ![]() | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Aradas (pt) ![]() Cacia (pt) ![]() Eixo e Eirol (pt) ![]() Esgueira (pt) ![]() Glória e Vera Cruz (pt) ![]() Oliveirinha (pt) ![]() Requeixo, Nossa Senhora de Fátima e Nariz (pt) ![]() Santa Joana (pt) ![]() São Bernardo (pt) ![]() São Jacinto (pt) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 78.450 (2011) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 197,58 km² ![]() | |||
Altitude | 25 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Santa Joana, Princesa de Portugal (pt) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3800 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 234 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-aveiro.pt ![]() | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao norte de Coímbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.
É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e conta con 78 450 habitantes segundo o censo de 2011[1]; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no océano Atlántico, polo oeste.
É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.