Avianca El Salvador

Avianca El Salvador
IATA
TA
OACI
TAI
Indicativo
TACA
Fundación1931 (como TACA)
Aeroporto principalaeroporto do Salvador
Plan de voo frecuenteLifeMiles
AlianzaStar Alliance (afiliada)
Frota39
HoldingAvianca
Páxina web: https://www.avianca.com

Avianca El Salvador, anteriormente Transportes Aereos del Continente Americano e coñecida sinxelamente como TACA, é unha aeroliña do Salvador propiedade de Synergy Group. Como TACA foi a primeira aeroliña do país. Como Avianca El Salvador é unha das sete aeroliñas con marcas nacionais do grupo Avianca Holdings.

TACA foi propietaria e operou outras cinco aeroliñas en Centroamérica, e o seu nome orixinalmente foi o acrónimo de Transportes Aéreos Centroamericanos ata que cambiou por Transportes Aéreos del Continente Americano, reflectindo a súa expansión cara todo o continente americano.

O 7 de outubro de 2009 anunciouse que TACA fusionaríase con Avianca,[1] aínda que TACA mantivo o seu nome ata que a fusión rematouse completamente o 21 de maio de 2013.

  1. Flight Global (ed.). "Avianca confirms 'strategic merger' with TACA". Consultado o 12 de xuño de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne