Balonmano Ciudad Real | |||
---|---|---|---|
![]() Os xogadores e o adestrador, Talant Dujshebaev, durante un tempo morto nun partido. | |||
Nome completo | Agrupación Deportiva Cultural Ciudad Real | ||
Cidade | Cidade Real, ![]() | ||
Historia | 1981-2011 | ||
Fundado | 1981 | ||
Disolto | 2011 | ||
Pavillón | Quijote Arena (5 863 espectadores) | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Títulos | |||
Copa de Europa | 2005-06, 2007-08 e 2008-09 | ||
Supercopa de Europa | 2005-06, 2006-07 e 2008-09 | ||
Recopa de Europa | 2001-02 e 2002-03 | ||
Liga ASOBAL | 2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10 | ||
Copa do Rei | 2002-03 e 2007-08 | ||
Copa ASOBAL | 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08 | ||
Supercopa de España | 2004-05, 2007-08 e 2010-11 | ||
Mundial de Clubs | 2006-07 e 2009-10 | ||
Cores | Negro e branco | ||
Na rede | |||
http://www.bmciudadreal.es | |||
O Club Balonmano Ciudad Real foi un equipo de balonmán da cidade de Cidade Real, Castela-A Mancha (España). As súas orixes remóntanse ao ano 1981, e constituíuse formalmente en 1983 co nome de Agrupación Deportiva Cultural Caserío Vigón. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido á falta de apoios institucionais e de afeccionados, o equipo trasladouse a Madrid co nome de Club Balonmano Atlético de Madrid en 2011. Dende 2003 ata o seu traslado á capital española o club xogou no Quijote Arena, un pavillón con capacidade para 5 863 espectadores.
A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) durante 19 tempadas consecutivas, dende o seu ascenso na tempada 1992-93 ata a súa desaparición logo da tempada 2010-11. Ao longo da súa historia gañou o título de liga en cinco ocasións (2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como as súas dúas Copas do Rei (2002-03 e 2007-08), cinco Copas ASOBAL (2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08) e tres Supercopa de España (2004-05, 2007-08 e 2010-11). A nivel internacional conquistou en tres ocasións a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Liga de Campións, así como dúas Recopas de Europa e tres Supercopas de Europa, ou os dous títulos do Campionato Mundial de Clubs.