Baburu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | バブル |
Director | Tetsurō Araki |
Produtor | Tetsuya Nakatake Mirai Kase |
Guión | Gen Urobuchi Naoko Sato Renji Ōki |
Intérpretes | Jun Shison Riria Alice Hirose Mamoru Miyano Yuki Kaji Tasuku Hatanaka |
Música | Hiroyuki Sawano |
Fotografía | Kazuhiro Yamada |
Montaxe | Aya Hida |
Estudio | Wit Studio |
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Berlín: 10 de febreiro de 2022 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Na rede | |
https://wwws.warnerbros.co.jp/bubble-moviejp/ e https://www.netflix.com/title/81345945 | |
|
Baburu (バブル?) é un filme xaponés de 2022 dirixido por Tetsurō Araki e escrito por Gen Urobuchi. Producido por Wit Studio, os personaxes foron deseñados por Takeshi Obata e a música foi composta por Hiroyuki Sawano. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 10 de febreiro de 2022.[1] A continuación estreouse internacionalmente a través de Netflix o 28 de abril de 2022.[2][3][4] Unha adaptación ao manga por Erubo Hijihara foi lanzada por Shōnen Jump+ o 22 de abril de 2022.[5] Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou os seus efectos visuais mais criticou o argumento.