Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Bacan ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | South Halmahera, Indonesia (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar das Molucas ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 187 m ![]() | |||
Superficie | 1.800 km² ![]() | |||
Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte. Está separada da península suroeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.
Ten cerca de 1 900 km² de superficie e 13 000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2 111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza doutras illas próximas.
Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.
O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes doutras illas.
A illa ten un grande interese para a zooloxía debido á gran biodiversidade.