Bacharelato

Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.

No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do ensino secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, que se cursan normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Pode ser:

Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:

  • Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
  • Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
  • Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.

As materias que se imparten son máis especializadas que no ensino secundario obrigatorio.

Ao finalizar o bacharelato o alumnado pode presentarse a un exame de acceso á universidade, o cal consiste nunhas probas escritas relacionadas coas materias cursadas, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne