Bacillus subtilis

Bacillus subtilis

Micrografía de microscopio electrónico de transmisión dunha célula de B. subtilis (un bacilo), que parece redondo porque está visto en sección transversal (barra de escala = 200 nm).
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Bacillaceae
Xénero: Bacillus
Especie: B. subtilis
Nome binomial
Bacillus subtilis
(Ehrenberg 1835)
Cohn 1872
Sinonimia
  • Vibrio subtilis
  • Bacillus globigii[1][2]
Bacillus subtilis con tinguidura de Gram.
Bacillus subtilis esporulando.

Bacillus subtilis é unha especie bacteriana con forma bacilar grampositiva, catalase positiva,[3] que pode formar endósporas moi resistentes para soportar condicións ambientais extremas. A diferenza doutras especies do xénero Bacillus, B. subtilis foi historicamente clasificado como organismo aerobio obrigado, aínda que investigacións recentes demostraron que pode crecer tamén en anaerobiose.[4]

Aínda que esta especie se atopa comunmente nos solos, hai evidencias que suxiren que é tamén un comensal normal do intestino humano. Un estudo de 2009 comparou a densidade de esporas desta bacteria que se encontra no solo (~106 esporas por gramo) coa que se encontra nas feces humanas (~104 esporas por gramo). O número de esporas tan alto atopado no intestino humano non pode ser atribuído só ao consumo de alimentos contaminados coas esporas. O solo parece que só serve como reservorio, o que suxire que B. subtilis vive no intestino e debería considerarse un comensal normal da flora intestinal.[5]

  1. Euzéby JP (2008). "Bacillus". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-18. 
  2. Ambrosiano N (1999-06-30). "Lab biodetector tests to be safe, public to be well informed". Press release. Los Alamos National Labs. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2008. Consultado o 2008-11-18. 
  3. Madigan M, Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1. 
  4. Nakano MM, Zuber P (1998). "Anaerobic growth of a "strict aerobe" (Bacillus subtilis)". Annu Rev Microbiol 52: 165–190. PMID 9891797. doi:10.1146/annurev.micro.52.1.165. 
  5. Hong HA, Khaneja R, Tam NM; et al. (2009). "Bacillus subtilis isolated from the human gastrointestinal tract". Res. Microbiol. 160 (2): 134–43. PMID 19068230. doi:10.1016/j.resmic.2008.11.002. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne