Bad Brains | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1977 – 1984 1986 – 1995 1997 – presente |
Xénero(s) | hardcore punk, reggae, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | ROIR, Caroline, SST, Epic, Maverick/Warner Bros, Megaforce |
Membros | H.R. Dr. Know Darryl Jenifer Earl Hudson |
Antigos membros | Sid McCray Israel Joseph I Mackie Jayson Chuck Mosley |
Artistas relacionados | Beastie Boys, Saudade |
Na rede | |
badbrains.com | |
Bad Brains é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en 1977. Está amplamente considerada como pioneira do hardcore punk,[1][2][3] aínda ques os seus membros opuxeronse ao uso deste termo para describir a súa música. Tamén é unha banda de reggae, aínda que en posteriores gravacións introduciron elementos doutros xéneros como funk, heavy metal,[1] hip hop e soul. Bad Brains son destacados seguidores do movemento Rastafari.
Orixinalmente formouse como un conxunto de jazz fusion baixo o nome de Mind Power, pero Bad Brains desenvolveu un son punk rock moi rápido e intenso que sería etiquetado como "hardcore", e adoitou a tocar máis rápido e con máis énfase que moitos dos seus compañeiros. O único factor da música da banda foi o feito de tocar ritmos máis complexos que outros grupos de hardcore punk, tamén adaptando uns "solos" e "riffs" de guitarra de estilo non punk nos seus temas.
Bad Brains separouse e reformouse varias veces ao longo dos anos, ás veces con diferentes vocalistas e/ou baterías. A formación clásica e actual está composta polo vocalista H.R. (Human Rights), o guitarrista Dr. Know, o baixista Darryl Jenifer e o batería Earl Hudson, irmán máis novo de H.R.