Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Perú | |||
Rexión | Amazonas ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 37.300 (2022) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 440 m ![]() | |||
Bagua Grande é unha cidade do nororiente do Perú, capital da provincia de Utcubamba (Amazonas), (5º45'S e 78º26'O), situada a beiras do río Utcubamba a uns 450 msnm. Non debe confundirse coa cidade de Bagua na provincia homónima.
Converteuse de zona rural a zona urbana debido a unha forte migración a finais dos anos sesenta. Agora é un activo centro comercial transitorio e a cidade máis importante da rexión de Amazonas, cunha poboación de máis de 100 000 habitantes.
A zona urbana está emprazada nunha ladeira, sendo unha cidade moi cálida e fértil, onde chove durante case todo o ano. A economía está baseada no comercio e a produción agrícola, en especial de arroz, millo e café. O comercio é activo coas cidades de Chiclayo, Jaén, e co veciño departamento de San Martín. Posúe industrias menores, de pilado e muíños de arroz, e embotelladoras de augas gasosas.