Baia

Este artigo trata sobre un nome, para o accidente xeográfico véxase Baía.
Santa Baia, John William Waterhouse, 1885

Baia[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego Ευλαλια (Eulalia) que significa "elocuente, que fala ben". En galego tamén ten as variantes Eulalia, Oalla, Balla e Alla.[2]

En xaneiro de 2023 existían 20 mulleres en Galicia co nome Baia, cunha media de idade de 7,6 anos,[3] 352 co nome Eulalia, cunha media de idade de 70,6 anos[4] e 21 co nome Alla, cunha media de idade de 47,7 anos.[5]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Baia". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  3. Nome Baia na web do Instituto Galego de Estatística.
  4. Nome Eulalia na web do Instituto Galego de Estatística.
  5. Nome Alla na web do Instituto Galego de Estatística.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne