Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.983 (2006) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.325 km² ![]() | ||||
Sucedido por | Reino de Francia ![]() | ||||
A Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea; en francés: Basse-Navarre) é unha rexión histórica do País Vasco francés ou Iparralde. Antigamente tamén era coñecida como Terra de Vascos ou abrev. Vascos[1][2][3] Hoxe en día, o seu territorio forma parte do departamento dos Pireneos Atlánticos, xunto cos dos antigos vizcondados de Labort, Sola e Bearne. A Baixa Navarra é un dos tres territorios históricos franceses (os outros dous son Labort e Sola) que forman parte do territorio denominado tradicionalmente Vasconia ou Euskal Herria, de acordo á recomendación da Euskaltzaindia.[4][5] Formou parte do Reino de Navarra xunto coa actual Comunidade Foral de Navarra (Alta Navarra) ata 1512, data na que foi conquistada por Fernando o Católico, coa incorporación do territorio que logrou controlar (a Alta Navarra) á Coroa de Castela.
A Baixa Navarra, que reverteu esta conquista (ao ser abandonada polo emperador Carlos V pola súa difícil defensa), permaneceu con institucións e leis propias como parte dos dominios da casa de Albret, asociándose ao Reino de Francia ao ascender o seu rei, Henrique III de Navarra, primeiro da casa de Borbón, ao trono francés. Así, os monarcas franceses intituláronse "Reis de Francia e de Navarra". En 1620 Lois XIII limitou os poderes das institucións navarras, aínda que mantendo a súa autonomía (así, cando Lois XVI convocou os Estados Xerais de Francia, Navarra non enviou formalmente deputados a estes, senón ao Rei en persoa, de xeito independente e co seu propio Caderno de agravios).[6] Porén, o seu status diferenciado dentro da Coroa rematou coa Revolución francesa iniciada en 1789.
As 76 comunas que o compoñen formaban parte do distrito de Bayona e dos cantóns de Bidache (parcialmente), Hasparren (parcialmente), Iholdy, La Bastide-Clairence (parcialmente), Saint-Étienne-de-Baïgorry, Saint-Jean-Pied-de-Port e Saint-Palais (parcialmente) ata o ano 2015, en que, mantendo o distrito, pasaron a formar parte dos novos cantóns de País de Bidache, Amikuze e Ostibarre (45 comunas), Montaña Vasca (30), Nive-Adour (1) e Orthez e Terras de Ríos e Sal (1).