Unha balaustia[1] é un froito sincarpo indehiscente que procede dun ovario ínfero, onde os carpelos están unidos entre si e dispostos en dous estratos. Posúen un pericarpio duro e o interior está dividido en cavidades por medio dun tecido tenue (tastana). Na súa formación intervén, ademais do ovario ínfero, o tálamo floral acopado e soldado ao ovario. As sementes (moitas, porque é polispermo) teñen a parte externa carnosa (sarcotesta).[2][3]
Un exemplo é o froito da milgrandeira (Punica granatum), chamado milgranda ou granada.[4]
Do latín balaustĭum e este do grego βαλαύστιον 'flor da milgrandeira'.[5]