Unha bancada é unha fileira de asentos desde os que se presencia un espectáculo, por exemplo nun estadio, circo, etc.[1] O termo en plural: bancadas designa o conxunto de fileiras colocadas en xeito ascendente para visualizar o espectáculo[2].
Un termo semellante é o de chanzo, cada un dos distintos niveis que serven de asento para os espectadores dun estadio, anfiteatro etc.[3]
Os primeiros exemplos aparecen nos circos e anfiteatros gregos e romanos. Hoxe en día aparecen en estadios, cinemas ou lugares de reunión como teatros, circos e lugares públicos[4].