Bandeira das Shetland

Bandeira das Shetland
Bandeira das Shetland
Características
Uso
Proporción3:5[1]
Adopción1 de febreiro de 2005
Cores     Azul     Branco

A bandeira das Shetland é un símbolo oficial das illas. O seu deseño baséase nunha cruz nórdica branca sobre un fondo azul. A bandeira utiliza as cores da bandeira de Escocia, mais a forma da cruz nórdica simboliza os lazos históricos e culturais das illas Shetland con Escandinavia. A cor recomendada oficial da bandeira de Escocia é Pantone 300,[2] o cal implica que isto sería apropiado para a das Shetland tamén, aínda que o Instituto de Bandeira lista a cor como Pantone 286.[1] Foi creada por Roy Grønneberg e Bill Adams en 1969, para conmemorar o 500º aniversario da transferencia das illas de Noruega, na Unión de Kalmar, a Escocia e os 500 anos anteriores como parte de Noruega.[3]

A bandeira é moi utilizada polos habitantes das Shetland tanto na terra coma no mar e é considerada como un símbolo da identidade das Shetland. En 2007, o concello presentou o "Día da Bandeira das Shetland", que ten como obxectivo "celebrar todas as cousas das Shetland".[4] Despois de case corenta anos de uso non oficial, a bandeira foi adoptada formalmente polo Lord Lyon Rei de Armas,[1] a autoridade heráldica de Escocia, o 1 de febreiro de 2005, a tempo para os Xogos das Illas en xullo de 2005 nas Shetland.[5]

Bandeira das Shetland ondeando en Unst.

A bandeira é practicamente idéntica á antiga bandeira nacional non oficial de Islandia (a Hvítbláinn) en uso por activistas nacionalistas islandeses dende 1897 ata 1915, cando foi abandonada en parte pola súa semellanza coa bandeira naval grega e a bandeira de Suecia, que os críticos razoaron que sería difícil distinguir no mar, un problema importante na época da guerra. O branco e azul aínda é empregado pola Asociación de Xuventudes Islandesas, os nacionalistas e nos actos políticos.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Shetland - The Flag Institute". The Flag Institute. Consultado o 2019-07-07. 
  2. "St Andrew & the Saltire, the Scottish Flag". www.visitscotland.com (en inglés). Consultado o 2022-06-21. 
  3. Shetland Islands (United Kingdom)
  4. Article from shetlandtoday on Shetland Flag Day
  5. IGA – Games Profile 2001 Arquivado 2007-10-17 en Wayback Machine.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne