Bandeira de Biafra | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 1967 |
Cores | Vermello Negro Verde Amarelo |
A bandeira de Biafra, empregada pola República de Biafra durante a guerra civil nixeriana (1967- 1970), consiste nun tricolor horizontal de vermello, negro e verde, cargado cun sol nacente dourado sobre unha barra dourada. Os once raios do sol representan as once antigas provincias de Biafra. Os raios adoitan ser longos e delgados, sendo os raios máis baixos case horizontais e os raios restantes espallados uniformemente entre eles.[1]
No presente, a bandeira de Biafra é empregada para protestas contra o goberno nixeriano, que prohibe a súa utilización.[2]