Bandeira de Queensland | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 29 de setembro de 1876 |
Cores | Azul, branco, vermello, azul celeste, ouro |
A bandeira de Queensland é un dos símbolos oficiais do Estado de Queensland, unha subdivisión de Australia. A orixe da bandeira remóntase a 1870, con pequenas variacións. O emblema foi deseñado por William Hemmant, o Secretario Colonial e Tesoureiro de Queensland, o 29 de setembro de 1876.
O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción de 1:2. A bandeira está baseada no Pavillón Británico Azul co símbolo do estado no campo azul. O emblema é un disco branco cunha Cruz de Malta, ou Cruz de San Xoán na cor azul celeste. No centro da cruz atópase unha coroa imperial británica.