Bandeira do Acre

Bandeira do Acre
Bandeira do Acre
Características
Uso
Proporción7:10
Adopción22 de decembro de 1995
Cores     Verde     Amarelo     Vermello

A bandeira do Acre é un dos símbolos oficiais do estado do Acre, no Brasil.[1] A bandeira actual foi presentada pola Lei nº. 1170 o 22 de decembro de 1995, adoptando o deseño da bandeira da República do Acre.

O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción 7:10, dividido por unha liña diagonal dende a esquerda inferior á dereita superior. A esquerda superior é amarela cunha estrela vermella na esquina, e o dereita inferior é verde.[2]

  1. ALVES. Derly Halfeld. Bandeiras: nacional, históricas e estaduais. Brasilia. Edições do Senado Federal, 2011. ISBN 978-85-7018-358-3.
  2. "Bandeira do Estado do Acre - cores, significados, dados - Sua Pesquisa". www.suapesquisa.com. Consultado o 9 de decembro de 2021. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne