Bandeira de Mauritania | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 6 de agosto de 2017 |
Cores | Verde (R:0 G:98 B:51) Amarelo (R:255 G:196 B:0) Vermello (R:205 G:42 B:62) |
A bandeira de Mauritania é a bandeira oficial do país. A bandeira orixinal foi adoptada o 1 de abril de 1959[1] baixo o mando de Moktar Ould Daddah.[2] Consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor. O 5 de agosto de 2017 realizouse un referendo por parte do presidente Mohamed Ould Abdel Aziz para cambiar a bandeira nacional, abolir o senado e outras emendas constitucionais. O referendo tivo éxito e os cambios na bandeira, engadindo dúas faixas vermellas, foron adoptados o día seguinte.
As cores verde e amarela están asociadas co panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do islam e o amarelo do deserto do Sáhara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no islam, a relixión maioritaria de Mauritania.