Bandeira de Nauru

Bandeira de Nauru
Bandeira de Nauru
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción31 de xaneiro de 1968
Cores     Azul     Branco     Amarelo

A bandeira de Nauru naceu tras a independencia deste país de Australia. Foi creada por un habitante da illa que traballaba para o fabricante de bandeiras australiano Evans. É azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru.[1] A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste,[1] e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.

  1. 1,0 1,1 (en inglés) CIA World Factbook - Nauru Arquivado 17 de setembro de 2008 en Wayback Machine.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne