Bandeira de Xeorxia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 25 de xuño de 2004 |
Cores | Branco Vermello |
A bandeira de Xeorxia (en xeorxiano: საქართველოს სახელმწიფო დროშა, saqartvelos saxelmtsipho drosha), coñecida como a "bandeira das cinco cruces", é un dos símbolos oficiais do país dende o 14 de xaneiro de 2004 tras cincocentos anos en desuso. Foi o emblema do Reino de Xeorxia durante a Idade Media. É unha bandeira de cor branca cunha cruz vermella na súa parte central que a divide en cuadrantes e con catro pequenas cruces vermellas por cada cuadrante. As proporcións entre o ancho e o alto da bandeira son de 2:3.