Bandua | |
---|---|
Deus da guerra | |
![]() Ilustración representando o deus Bandua, segundo unha intelixencia artificial. | |
Outros nomes | Bandua aposolego Bandua cadogus Bandua aetobrigus Bandua roudeacus Bandua isibraiegus |
Artefactos | Lazo |
Xénero | Masculino |
Rexión | Gallaecia e Lusitania |
Grupo étnico | Galaicos e lusitanos |
Información persoal | |
Irmáns | Larouco |
Equivalentes | |
Equivalente romano | Marte |
Equivalente nórdico | Odín |
Equivalente cristián | San Trocado |
Bandua foi un dos principais deuses dos galaicos e lusitanos, considerado o deus da guerra e vinculado á tradición céltica centroeuropea. Está encadrado polos investigadores como un deus indoeuropeo da primeira función[1] (segundo estudos de Georges Dumézil). Estes deuses caracterízanse por usar a "maxia dos lazos", pola cal ataba os seus inimigos ou vinculaban maxicamente os seus seguidores.[2] A estrutura social de confrarías de guerreiros que vivían no monte adicados ao oficio da guerra e a caza xerou o culto, adoptando actitudes e maneiras que reproducen aspectos da divindade á que se vinculaban maxicamente.