Banesto | |
---|---|
![]() | |
![]() Edificio da antiga sucursal central de Banesto en Madrid. | |
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1 de maio de 1902 |
Matriz | Banco Santander |
Localización | Avda. Gran Vía de Hortaleza nº 3, 28033, Madrid |
Beneficio operativo | ![]() |
Beneficio neto | ![]() |
Número de empregados | 9 093 (2007) |
Na rede | |
http://www.banesto.es/ | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banco Español de Crédito (coñecido como Banesto, acrónimo de Banco Español de Crédito) foi unha compañía bancaria española fundada en 1902 en Madrid. Estivo controlada nun 89,74% polo Banco Santander até a fusión por absorción realizada pola mesma entidade en maio de 2013. Como consecuencia, Banesto quedou extinto como entidade.[1]
Coa fusión xurídica, comezou un período de transición de marca no que se reflectiu a vinculación de Banesto co Banco Santander, aínda que as oficinas seguiron operando como Banesto. Unha vez finalizado este período de transición, en decembro de 2013, tódalas oficinas de Banesto adoptaron a imaxe de marca Santader.[2] En 2014, culminou a integración tecnolóxica.[3]