Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Himno | In Plenty and In Time of Need | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Pride and Industry» «Гордост и усърдие» «Tự hào và Công nghiệp» «Barbados Wych» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bridgetown | ||||
Contén a división administrativa | Christ Church (pt) Saint Andrew (pt) Saint George (pt) Saint James (pt) Saint John (pt) Saint Joseph (pt) Saint Lucy (pt) Saint Michael (pt) Saint Peter (pt) Saint Philip (pt) Saint Thomas (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 303.431 (2023) (691,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa (lingua oficial) Crioulo bajan (pt) (non oficial) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Antillas Menores Illas de Sotavento Caribe lista negra dos paraísos fiscais da Unión Europea (2019–2019) lista negra dos paraísos fiscais da Unión Europea (2020–2021) lista negra dos paraísos fiscais da Unión Europea (valor descoñecido–2023) | ||||
Superficie | 439 km² | ||||
Bañado por | océano Atlántico Norte | ||||
Punto máis alto | Mount Hillaby (en) (340 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de novembro de 1966 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente (pt) | Sandra Mason (2021–) | ||||
Órgano executivo | Government of Barbados (en) | ||||
• Primeiro-ministro (pt) | Mia Mottley (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Barbados (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 4.843.800.000 $ (2021) | ||||
PIB per cápita | 18.798 $ (2019) | ||||
Moeda | Dólar de Barbados | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bb | ||||
Prefixo telefónico | +1246 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 511 (en) , 211 (en) e 311 (en) | ||||
Código de país | BB | ||||
Sitio web | gov.bb | ||||
Barbados é unha illa nación situada no océano Atlántico que forma parte da rexión do Caribe. É unha das Antillas Menores. A súa capital é Bridgetown.
Os seus veciños máis próximos son as illas San Vicente e as Granadinas e Santa Lucía ao oeste e Trinidad e Tobago, país co que agora comparte unha fronteira marítima fixa oficial, e América do Sur ao sur. A superficie total do estado é de 431 quilómetros cadrados, principalmente de baixa altitude, con algunhas zonas máis altas cara ao interior da illa, sendo o punto máis alto o Monte Hillaby (336 msnm).
A composición xeolóxica de Barbados é de orixe non-volcánica, estando na súa maioría composta de pedra calcaria de coral. A illa ten un clima tropical, con ventos alisios do océano Atlántico constantes, que serven para manter unhas temperaturas suaves. Algunhas zonas menos desenvolvidas do país están constituídas por bosques tropicais e mangleiral. Outras partes do interior do país contribúen á industria agrícola, salpicadas con grandes leiras de cana de azucre e pastos de pendentes suaves.
Durante máis de tres séculos Barbados estivo baixo o dominio británico, ata se independizar do Reino Unido o 30 de novembro de 1966, pasando a ser un reino da Commonwealth de Nacións, con Isabel II como raíña. 55 anos despois, o 30 de novembro de 2021, o país converteuse nunha república e Sandra Mason na súa primeira presidenta.[1]
O posto de Barbados na clasificación do Índice de Desenvolvemento Humano é constante entre os 75 primeiros países do mundo, chegando, por exemplo, en 2006 a ocupar o posto 31, sendo o terceiro posto do continente americano, despois do Canadá e os Estados Unidos.