Barbarian | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Barbarian |
Director | Zach Cregger |
Produtor |
|
Guión | Zach Cregger |
Intérpretes | |
Música | Anna Drubich |
Fotografía | Zach Kuperstein |
Montaxe | Joe Murphy |
Estudio |
|
Distribuidora | 20th Century Studios[1] |
Estrea | SDCC: 22 de xullo de 2022 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror e suspense[2] |
Orzamento | 4-4,5 millóns de dólares |
Recadación | 45,4 millóns de dólares |
Na rede | |
https://www.20thcenturystudios.com/movies/barbarian | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Barbarian é un filme estadounidense de 2022 dirixido e escrito por Zach Cregger. Foi producido por Arnon Milchan, Roy Lee, Raphael Margules e J.D. Lifshitz. Está protagonizado por Georgina Campbell, Bill Skarsgård e Justin Long. Conta a historia dunha muller que descobre que a casa de alugueiro que reservou foi accidentalmente reservada por outra persoa, sen saber un escuro segredo que se agocha dentro da vivenda.
Barbarian estreouse na San Diego Comic-Con o 22 de xullo de 2022, e nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de setembro de 2022 a través de 20th Century Studios. O filme recibiu críticas xeralmente positivas, con eloxios polo guión e a dirección de Cregger, así como polas actuacións do elenco. Recadou 45 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento de produción entre 4 millóns e 4,5 millóns de dólares.
Barbarian is a US horror thriller in which the unsuspecting occupants of a rental home face the terrible secret within its walls.