Barbarroxa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 赤ひげ Akahige |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Ryūzō Kikushima Tomoyuki Tanaka |
Guión | Masato Ide Ryūzō Kikushima Akira Kurosawa Hideo Oguni |
Intérpretes | Toshiro Mifune Yūzō Kayama |
Música | Masaru Sato |
Fotografía | Asakazu Nakai Takao Saito |
Montaxe | Akira Kurosawa |
Estudio | Toho Studios |
Distribuidora | Toho |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 185 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Barbarroxa[1] (赤ひげ Akahige?) é un filme xaponés de 1965 dirixido por Akira Kurosawa. Conta a relación entre un doutor e o seu novo aprendiz. O filme baséase na colección de historias curtas Akahige shinryōtan (赤ひげ診療譚) de Shūgorō Yamamoto. A novela de Fiódor Dostoievski Humillados e ofendidos achegou a fonte para unha subtrama sobre unha moza, Otoyo (Terumi Niki), que é rescatada dun bordel.[2] O filme céntrase no problema da inxustiza social e explora dous dos temas favoritos de Kurosawa, o humanismo e o existencialismo.