Barjansky Stradivarius

O Barjansky Stradivarius é un antigo violonchelo construído en torno a 1690 polo luthier italiano Antonio Stradivari (1644-1737). Este violonchelo recibe o seu nome polo violonchelista ruso Alexandre Barjansky, quen tocou este instrumento durante a primeira metade do século XX. Barjansky foi o dedicatario do Schelomo de Ernest Bloch, que tocou con este instrumento e realizou a estrea do concerto para violonchelo de Frederick Delius.

Dende 1983 o Barjansky Stradivarius foi tocado por Julian Lloyd Webber, que gañou con el máis de trinta premios polas súas gravacións.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne