Bartonella quintana

Bartonella quintana
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Bartonellaceae
Xénero: ''Bartonella
Especie: ''B. quintana''
Nome binomial
'Bartonella quintana'
(Schmincke 1917) Brenner et al. 1993
Sinonimia
  • Rochalimaea quintana
    (Schmincke 1917) Krieg 1961
  • Wolhynia quintanae
    Zhdanov e Korenblit 1950
  • Rickettsia wolhynica
    Jungmann e Kuczynski 1918
  • Rickettsia weigli
    Mosing 1936
  • Rickettsia quintana
    Schmincke 1917
  • Rickettsia pediculi
    Munk e da Rocha-Lima 1917
  • Burnetia (Rocha-limae) wolhynica
    Macchiavello 1947

Bartonella quintana (antes chamada Rochalimaea quintana,[1][2] e Rickettsia quintana[3]), é unha especie bacteriana infecciosa transmitida polo piollo do corpo humano.[4] Este microorganismo é o axente causante da febre das trincheiras.[4] Esta bacteria causou unha gran epidemia durante a Primeira guerra mundial en Europa na que enfermaron arredor de 1 millón de soldados de febre das trincheiras.[5] Tamén hai casos actuais en Asia, Norteamérica, Europa e norte de África.

B. quintana é unha bacteria con forma de bacilo, aerobia, gramnegativa e difícil de cultivar. A doenza infecciosa que causa, a febre das trincheiras, ten como vector primario á piollo do corpo Pediculus humanus humanus (tamén chamado Pediculus humanus corporis).[6] O seu primeiro cultivo axénico (puro) illado fíxoo J.W. Vinson en 1960, a partir de mostras dun paciente de Cidade de México. Despois seguindo os postulados de Koch, infectou a voluntarios con esta bacteria, que mostraron síntomas e manifestacións clínicas concordantes coa febre das trincheiras. O mellor medio para cultivar esta bacteria é o sangue enriquecido nunha atmosfera que conteña un 5% de dióxido de carbono.[3]

  1. "Definition of Bartonella quintana". MedicineNet. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o May 3, 2011. 
  2. LPSN Bartonella
  3. 3,0 3,1 Ohl, ME; Spach, DH (2000). "Bartonella quintana and urban trench fever". Clinical infectious diseases 31 (1): 131–5. PMID 10913410. doi:10.1086/313890. 
  4. 4,0 4,1 O'Rourke, Laurie G.; Pitulle, Christian; Hegarty, Barbara C.; Kraycirik, Sharon; Killary, Karen A.; Grosenstein, Paul; Brown, James W.; Breitschwerdt, Edward B. (2005). "Bartonella quintana in Cynomolgus Monkey (Macaca fascicularis)". Emerging Infectious Diseases 11 (12): 1931–4. PMID 16485482. doi:10.3201/eid1112.030045. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2009. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  5. Jackson, Lisa A.; Spach, David H. (1996). "Emergence of Bartonella quintana Infection among Homeless Persons". Emerging Infectious Diseases 2 (2): 141–4. PMC 2639836. PMID 8903217. doi:10.3201/eid0202.960212. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  6. Maurin, M; Raoult, D (1996). "Bartonella (Rochalimaea) quintana infections". Clinical Microbiology Reviews 9 (3): 273–92. PMC 172893. PMID 8809460. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne