A Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo (en inglés: World Reference Base for Soil Resources (WRB)), é o sistema taxonómico estándar internacional da clasificación dos solos, apoiado pola International Union of Soil Sciences (IUSS). Foi desenvolvido con colaboración internacional coordinada polo International Soil Reference and Information Centre (ISRIC) e patrocinado pola IUSS e a FAO. Esta clasificación substitúe a FAO soil classification.
A WRB adopta os conceptos modernos de clasificación, incluíndo a Soil Taxonomy do USDA, a lenda do Mapa Mundial de Solos da FAO de 1988, o Référentiel Pédologique, e os conceptos da escola rusa.
A clasificación baséase principalmente na morfoloxía do solo como unha expresión da pedoxénese. A maior diferenza co sistema Soil Taxonomy é que o clima do solo non forma parte do sistema, agás se inflúe sobre as características do perfil do solo. Os criterios diagnósticos apóianse sobre os dos sistemas existentes, logrando que a correlación cos previos sistemas internacionais e cos sistemas nacionais, sexan moi axustados.
A WRB é apta para correlacións cos sistemas nacionais e locais. O nivel de detalle correspóndese cos subgrupos da Soil Taxonomy, sen a necesidade de información do clima do solo. Non é para mapas detallados máis alá de escalas máis grandes como 1:200.000, aínda que serve para axustarse con información de substrato para mapear a 1:50000 en estudos rexionais.