Bash

Bash
Unha sesión de Bash
Desenvolvedor(es)Brian Fox
Última versión5.2.15[1]
(13/12/2022)
Repositoriogit.savannah.gnu.org/gitweb/?p=bash.git
Sistema operativoMultiplataforma
TipoIntérprete de comandos
LicenzaGNU GPL
Sitio webwww.gnu.org/software/bash/

Bash é un shell de Unix (intérprete de comandos de Unix) escrito para o Proxecto GNU. O nome é o acrónimo de Bourne-again shell (Consola Bourne Renacida) — un xogo de palabras sobor o Bourne shell (sh), que foi unha das primeiras consolas importantes de Unix. Cara 1978 o shell Bourne era o shell distribuído co Unix Version 7. O shell Bourne orixinal foi escrito por Stephen Bourne, por entón investigador dos Bell Labs. O shell Bash foi escrito en 1987 por Brian Fox. En 1990, Chet Ramey converteuse no seu principal mantedor. Bash é o shell por defecto na maioría de sistemas Linux ademais de Mac OS X Tiger, e pode executarse na maioría dos sistemas operativos tipo Unix. Tamén foi portado a Microsoft Windows polo proxecto Cygwin.

  1. "Páxina de descargas de GNU Bash patch list". 29 de maio de 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne