Batalla de Clavijo | |||
---|---|---|---|
Tipo | batalla lendaria | ||
Descrición | Mestura de datos doutras batallas, como a segunda batalla de Albelda, con elementos lendarios. | ||
Resultado | Suposta vitoria cristiá, creación do "Voto de Santiago", que se usou como xustificación para ofrendas e peregrinacións a Santiago de Compostela. | ||
Localización | Clavijo (pt) | ||
Líderes | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Clavijo, é un mítico enfrontamento que se considerou durante moito tempo unha das máis célebres batallas da Reconquista, dirixida polo rei Ramiro I contra os musulmáns.
A batalla teríase producido no denominado Campo da Matanza, nas proximidades de Clavijo, A Rioxa, o 23 de maio do ano 844.[1] As súas características míticas (a intervención milagrosa do apóstolo Santiago), a súa condición de xustificación do Voto de Santiago, e a revisión que desde o século XVIII supuxo a crítica historiográfica de Juan Francisco Masdeu, fixeron que hoxe en día sexa considerada máis ben unha batalla lendaria, cuxa inclusión nas crónicas se debería ao arcebispo Rodrigo Jiménez de Rada, e que incluiría, mesturando e mitificando, datos doutras batallas de diferentes momentos e lugares,[2] aínda que é en grandes trazos, a mitificación da segunda batalla de Albelda.[3] Segundo o Diccionario de Historia de España, "a existencia desta batalla nin sequera expresase a un historiador serio".[4] Porén, a batalla seguiu sendo celebrada como un elemento de conformación da historia nacional española.[5] O que si sabemos, polas Crónicas Najerenses, é de campañas de Ramiro contra os árabes, mentres que as crónicas de Abderramán II falan de campañas mouras en Áraba, pero unhas e outras coinciden nas fortes loitas na área rioxana. Máis concretamente, as fontes asturleonesas contan que Ordoño I, o fillo de Ramiro I, cercou a cidade de Albelda e estableceu a súa su base no Monte Laturce, é dicir, o mesmo lugar onde a lenda sitúa a batalla de Clavijo. E os achados arqueolóxicos non deixan lugar a dúbidas: en Albelda combateuse, e moito. Tamén é a referencia histórica que Henrique IV de Castela e posteriormente o resto de monarcas empregaron para a creación e confirmación de privilexios ao Antigo e Ilustre Solar de Tejada, único señorío que mantívose desde entón ata a actualidade.
Referíndose á batalla de Albelda, o historiador Martínez Diez dí: 'Esta sería la única, auténtica e histórica batalla de Albelda, la que dio lugar más tarde a la legendaria batalla de Clavijo con aparición del apóstol Santiago y otros episodios maravillosos'.