Batalla de Cynwit | |||
---|---|---|---|
![]() A fortaleza de Cannington, posíbel localización da batalla. | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria decisiva dos saxóns de Wessex | ||
Territorio | Reino de Wessex | ||
Localización | Cannington Camp (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Coordenadas | 51°09′31″N 3°04′42″O / 51.158611, -3.078333 | ||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Cynwit ou batalla de Cynuit, foi un conflito bélico que tivo lugar no ano 878 na fortaleza que o cronista Asser chamou Cynwit, que hoxe posibelmente corresponde a Cannington Hill, preto de Cannington, Bridgwater en Somerset, Inglaterra, pero non se descarta que fose noutra localización[1].
Unha partida de viquingos comandados por Ubbe Ragnarsson, e os seus irmáns Ivar o Desosado e Halfdan, desembarcaron na costa de Combwich cunha frota de 23 naves e 1200 homes. Un grupo de thanes e os seus soldados descubríronos, nun primeiro e cruento encontro caeu Halfdan e un continxente de viquingos:
E no inverno deste mesmo ano Ivar e Halfdan desembarcaron en Wessex, en Devonshire, con 23 barcos, e alí foi morto, e 840 homes do seu exército con el.Crónica anglosaxoa[2]
Tras a refrega, os anglosaxóns refuxiáronse nunha fortaleza, chamada «Cynwit», que era bastante segura a excepción do flanco este que carecía dunha adecuada defensa. Ubbe e os seus viquingos cercaron a fortaleza esperando unha rápida rendición dos saxóns a falta de auga potábel, pero inesperadamente, en lugar de esperar a morte sedentos nun outeiro, atacaron á noitiña tomando aos daneses por sorpresa e logrando unha gran vitoria.