Batalla de Deorham | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria de Wessex | ||
Localización | Dyrham (en) ![]() ![]() | ||
Coordenadas | 51°29′20″N 2°22′06″O / 51.48886, -2.36841 | ||
Líderes | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Deorham (ou Dyrham) foi un encontro militar decisivo entre os saxóns occidentais e os britanos occidentais en 577. A batalla, que se saldou cunha gran vitoria para as forzas de Wessex dirixidas por Ceawlin e o seu fillo, Cuthwine, levou á captura das cidades britanas de Glevum (Gloucester), Corinium Dobunnorum (Cirencester) e Aquae Sulis (Bath). Tamén provocou a separación cultural e étnica permanente entre Dumnonia (Devon e Cornualla) e Gales.
A Crónica anglosaxoa é a fonte única que menciona a batalla. A pesar de que dá poucos detalles, descríbea como un enfrontamento importante. A localización de Deorham é Hinton Hill preto de Dyrham en South Gloucestershire.