Batalla de Glen Shiel | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Levantamento xacobita de 1719 | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Imperio Británico | Xacobitas británicos España, Rexemento de Galicia | ||||||||
Líderes | |||||||||
Joseph Wightman | William Murray James Keith Cameron de Lochiel Nicolás de Castro Bolaño | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
c. 1 100 | 1 440 | ||||||||
Baixas | |||||||||
141 mortos e feridos | c. 100 mortos e feridos |
A batalla de Glen Shiel (gaélico escocés: Blàr Ghleann Seile ) tivo lugar o 10 de xuño de 1719 nas Terras Altas de Escocia occidental, durante o Alzamento xacobita de 1719. Enfrontou ao exército rebelde xacobita composto por tropas dos clans escoceses afíns e o Rexemento de Galicia do Imperio Español co exército do goberno do Imperio Británico, reforzadas pola Compañía Independente das Terras Altas.
Pretendíase xerar unha distracción para apoiar un desembarco maior no suroeste de Inglaterra, pero a forza principal veuse afectada por unha treboada no cabo Fisterra e cancelouse varias semanas antes; os contemporáneos de ámbolos lados consideraron que o seu fracaso danou fatalmente a causa xacobita.
A montaña onde aconteceu a batalla chámase Sgùrr na Ciste Duibhe; un pico subsidiario chamado Sgurr nan Spainteach, ou "cume dos españois", conmemora aos españois participantes nesta batalla.[1]