Batalla de Hatfield Chase
|
|
|
A batalla de Hatfield Chase (en inglés antigo Hæðfeld, en galés Meicen) tivo lugar o 12 de outubro de 633 en Hatfield Chase preto de Doncaster, Yorkshire, na Inglaterra anglosaxoa entre os northumbrianos dirixidos polo seu rei Edwin e unha coalición de tropas galesas e mercianas dirixidas respectivamente por Cadwallon ap Cadfan e Penda[1]. O lugar era unha zona pantanosa a uns 13 quilómetros ao nordeste de Doncaster, na beira sur do Río Don. Foi unha vitoria decisiva para galeses e os mercianos; Edwin morreu na batalla e o seu exército foi derrotado, o que provocou un colapso do puxante reino do norte..
- ↑ Beda dá esta data na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum (libro II Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine., capítulo 20), pero a Crónica anglosaxoa dátaa o día 14.