Batalla de Tampere | |||
---|---|---|---|
Barrio de Tammela logo da batalla | |||
Tipo | batalla | ||
Data | |||
Resultado | Vitoria decisiva Branca | ||
Localización | Tampere | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Campaña | |||
Guerra civil finlandesa [ Editar ] Batallas
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Tampere tivo lugar entre o 15 de marzo e o 6 de abril de 1918 na cidade finlandesa de Tampere no marco da guerra civil finlandesa. A batalla, na que se enfrontaron Brancos e Vermellos, é a máis coñecida e a máis dura das libradas durante a contenda. Na batalla participaron máis de 30 000 combatentes, o que a converteu nunha das maiores batallas da historia dos países nórdicos. Hoxe é lembrada especialmente polas súas sanguentas consecuencias, xa que os Brancos executaron centos de Vermellos capitulados e tomaron 11 000 prisioneiros no campo de Kalevankangas.[1]
A caída de Tampere, o maior centro industrial de Finlandia, marcou o principio da fin da República Socialista dos Traballadores de Finlandia, establecida no sur do país, e a guerra tornouse mesmo máis violenta con episodios de terror por parte de ambos os bandos, con masacres dunha parte e represalias como resposta pola outra.[2]