Batalla de Tampere | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra civil finlandesa | |||||||||
Barrio de Tammela logo da batalla | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Garda Branca Brigada sueca |
Garda Vermella | ||||||||
Líderes | |||||||||
C. G. E. Mannerheim Hjalmar Frisell |
Hugo Salmela † Georgy Bulatsel (prisioneiro de guerra) Ali Aaltonen Verner Lehtimäki | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
16 000 400 voluntarios suecos |
14 000 | ||||||||
Baixas | |||||||||
820 mortos | 2 000 mortos[1] 10 000 - 11 000 capturados[1] |
Guerra civil finlandesa | |
---|---|
Batallas
| |
[ Editar ] |
A batalla de Tampere tivo lugar entre o 15 de marzo e o 6 de abril de 1918 na cidade finlandesa de Tampere no marco da guerra civil finlandesa. A batalla, na que se enfrontaron Brancos e Vermellos, é a máis coñecida e a máis dura das libradas durante a contenda. Na batalla participaron máis de 30 000 combatentes, o que a converteu nunha das maiores batallas da historia dos países nórdicos. Hoxe é lembrada especialmente polas súas sanguentas consecuencias, xa que os Brancos executaron centos de Vermellos capitulados e tomaron 11 000 prisioneiros no campo de Kalevankangas.[2]
A caída de Tampere, o maior centro industrial de Finlandia, marcou o principio da fin da República Socialista dos Traballadores de Finlandia, establecida no sur do país, e a guerra tornouse mesmo máis violenta con episodios de terror por parte de ambos os bandos, con masacres dunha parte e represalias como resposta pola outra.[3]