![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Batalla de Villalar | |
---|---|
Guerra das Comunidades de Castela | |
![]() | |
Tipo | batalla ![]() |
Localización | Villalar de los Comuneros (pt) ![]() ![]() |
Coordenadas | 41°33′00″N 5°08′00″O / 41.55, -5.13333 |
[ Wikidata ] |
A batalla de Villalar foi o suceso decisivo da Guerra das Comunidades, na que se enfrontaron as tropas do emperador Carlos I e os comuneiros rebelados, liderados por Juan de Padilla, Juan Bravo e Francisco Maldonado. Tivo lugar o día 23 de abril do ano 1521 na localidade de Villalar (hoxe chamada Villalar de los Comuneros, na provincia de Valladolid, en España.
A batalla gañárona as tropas de Carlos I, e supuxo a fin da Guerra das Comunidades no norte de Castela. Os tres caudillos comuneiros foron axustizados.
En recordo desta batalla, o 23 de abril foi elixido para festexar o Día de Castela e León.