Batalla de Guadalete | |||
---|---|---|---|
Invasión musulmá da Península Ibérica | |||
![]() A batalla de Guadalete por Salvador Martínez Cubells | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria musulmá | ||
Localización | Península Ibérica ![]() | ||
Coordenadas | 36°36′00″N 6°13′00″O / 36.6, -6.21667 | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Guadalete (en arabe: معركة وادي لكة, Maʿrakat wādī laka, ou معركة شذونة, Maʿrakat šiḏūna [Sidonia]) foi un enfrontamento armado entre tropas visigodas ao mando do seu rei, Rodrigo, e un continxente musulmán liderado por Tariq ibn Ziyad, enviado de Musa ibn Nusayr, gobernador da provincia de Ifriqiya. A batalla aconteceu o 19 de xullo de 711 e supuxo a vitoria do exército omeia. A partir de crónicas árabes dos séculos X e XI,[1] afirmouse o enfrontamento entre o exército visigodo, comandado por derradeiro rei, Rodrigo, e un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Vitiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila, e que estivo comandado por Tariq ibn Ziyad, ás ordes co califato omeia de Damasco.
O lugar en que se celebrou a batalla é descoñecido, aínda que todo apunta ao sur da actual provincia de Cádiz. Tamén é incerta a data, se ben a maior parte das fontes falan da segunda quincena de xullo.[2]
Como consecuencia da batalla, que supuxo un revés moi importante para o reino visigodo, e na que o rei Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, que non colapsou de inmediato, e comezou a invasión musulmá da Península Ibérica e as tropas musulmás necesitaron toda a década para controlar os seus territorios.