Batalla de Okinawa

Batalla de Okinawa
a guerra do Pacífico da segunda guerra mundial
Un infante de Mariña da 1.ª División abre fogo co seu Thompson, mentres o seu compañeiro se cobre.
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
Data
1 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata 
╴23 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria Aliada
LocalizaciónIllas Okinawa e Illas Sakishima Editar o valor en Wikidata
Coordenadas26°30′N 128°00′L / 26.5, 128
Belixerantes
Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido (só forzas navais)
Imperio do Xapón
Líderes
Simon Bolivar Buckner

Roy Geiger
Joseph Stilwell
Chester W. Nimitz
Raymond A. Spruance

Bruce Fraser
Mitsuru Ushijima

Isamu Chō
Hiromichi Yahara
Minoru Ota

Keizō Komura
Forzas
183 000 marines e soldados do exército[1] 107 000 soldados
24 000 milicianos
Baixas
12 520 mortos ou desaparecidos
36 631 feridos[2]
110 000 mortos aproximadamente
7 400 prisioneiros[2]
Composto por
Battle of Kakazu (en) Traducir, Battle of Sugar Loaf Hill (en) Traducir, Bombing of Okinawa (en) Traducir, Operation Gi-Go (en) Traducir, Operação Ten-Go (pt) Traducir, Kyushu Air Battle (en) Traducir, Operation Kikusui (en) Traducir, Batalha de Bouno-Misaki (pt) Traducir e Battle in the Hills of Kuniyoshi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Campaña
Guerra do Pacífico (1941-1945) Editar ]
Wikidata ]

A batalla de Okinawa (nome en clave: operación Iceberg), librouse na illa de Ryukyu de Okinawa e foi o maior asalto anfibio na guerra do Pacífico.[3][4] Combateuse durante 82 días, desde principios de abril até mediados de xuño de 1945.

A batalla denominouse Tifón de Aceiro en inglés Typhoon of Steel, e chuvia de aceiro (Tetsu no ame) ou vento violento de aceiro (Tetsu no Bofu) en xaponés. Estas denominacións dan conta da ferocidade dos combates, a intensidade dos disparos, e a enorme cantidade de buques aliados e vehículos blindados que asaltaron a illa. A batalla resultou ser unha das que tivo máis vítimas, civís e militares, en toda a segunda guerra mundial: a totalidade dos falecidos supera o cuarto de millón. Cinco divisións do XXIV Corpo dos Estados Unidos, a 7.ª, 27.ª, 77.ª, 81.ª e 96.ª, e dúas divisións de Marines, a 1.ª e 6.ª, combateron na illa, mentres que a 2.ª División de Marines se mantivo en reserva e non se planteou que desembarcara. A invasión foi apoiada por forzas aéreas navais, anfibias e tácticas.

O obxectivo principal da operación era apoderarse da grande illa de Okinawa a só 340 km de distancia do Xapón. Despois dunha longa campaña de ir choutando de illa en illa (os estadounidenses denominaron isto island hopping), os Aliados achegábanse ao Xapón, e planearon usar Okinawa como base para as operacións aéreas para invadir o territorio xaponés, co nome en clave Operación Downfall. Finalmente os bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki e a entrada soviética na guerra provocarían a rendición do Xapón tan só unhas semanas despois da fin dos combates en Okinawa.

  1. Appleman, Roy E.; James M. Burns; Russell A. Gugeler; John Stevens (2000). Center of Military History, United States Army, ed. Okinawa: the last battle. Washington D. C. p. 36. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2009. Consultado o 08 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 army.mil (ed.). "Okinawa:The LAst Battle". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 8 de maio de 2012. 
  3. "The United States Navy assembled an unprecedented armada in April 1945". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 08 de maio de 2012. 
  4. "The American invasion of Okinawa was the largest amphibious assault of World War II". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 08 de maio de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne