Batalla de Ponte Sampaio

Batalla de Ponte Sampaio
Parte de Guerra da Independencia española

Bandeira dos Heroes de Ponte Sampaio
Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 7 de xuño - 9 de xuño de 1809
Localización Ponte Sampaio Editar o valor en Wikidata
Coordenadas 42°20′56″N 08°36′24″O / 42.34889, -8.60667
Resultado Vitoria española
Belixerantes
Francia Primeiro Imperio Francés España Reino de España
Líderes
Francia Michel Ney España Gaspar María de Nava
España Pablo Morillo y Morillo
Forzas en combate
10 800 soldados 10 000 soldados e milicias
Baixas
660 mortos e feridos 110 mortos e feridos
Guerra da Independencia española
Editar ]
Estatua de homenaxe ós heroes de Ponte Sampaio, en Pontevedra.

A batalla de Ponte Sampaio foi un choque bélico que tivo lugar no lugar homónimo entre os días 7 a 9 de xuño de 1809, no escenario da guerra da Independencia española. O conflito tivo lugar á beira do río Verdugo, entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron coas tropas francesas, dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne