Batalla do Val de Monterrei | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra da Independencia española en Galicia | |||||||||
Castelo de Monterrei | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Primeiro Imperio Francés | Reino de España | ||||||||
Líderes | |||||||||
Jean-de-Dieu Soult | Marques de La Romana | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Exército Napoleónico • 18000-22000 infantes • 3000 xinetes • 20 pezas de artilaría |
Exército español • 9000-10000 infantes • Poucas pezas de artilería obsoleta Exército portugués • 4000 infantes | ||||||||
Baixas | |||||||||
Exército Napoleónico • Baixas lixeiras de infantaría |
Exército español Máis de 1200 mortos e feridos • 400 prisioneiros Exército portugués • Baixas inferiores ás españolas |
A Batalla do Val de Monterrei consistiu nunha serie de accións militares localizadas na zona da Comarca de Verín entre os días 6 e 7 de marzo de 1809. Enfrontou ás forzas do Primeiro Imperio francés, comandadas polo mariscal Jean-de-Dieu Soult, contra as tropas españolas baixo as ordes do Marques de La Romana e unha forza portuguesa dos xenerais Bernardino Freire e Francisco da Silveira. Este enfrontamento supuxo o comezo da Segunda Invasión francesa de Portugal, dentro do contexto da Guerra da Independencia Española.