Battle of the Sexes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Battle of the Sexes |
Director | Valerie Faris Jonathan Dayton |
Produtor |
|
Guión | Simon Beaufoy |
Intérpretes | |
Música | Nicholas Britell |
Fotografía | Linus Sandgren |
Montaxe | Pamela Martin |
Estudio |
|
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | Telluride: 2 de setembro de 2017 |
Duración | 121 minutos[1][2] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Biográfico e deportes |
Orzamento | 25 millóns de dólares[3] |
Recadación | 18,6 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
Battle of the Sexes é un filme británico-estadounidense de 2017 dirixido por Valerie Faris e Jonathan Dayton e escrito por Simon Beaufoy. O argumento está vagamente baseado no partido de tenis de 1973 entre Billie Jean King e Bobby Riggs. Está protagonizado por Emma Stone e Steve Carell como King e Riggs, xunto con Andrea Riseborough, Elisabeth Shue, Austin Stowell, Bill Pullman, Natalie Morales, Eric Christian Olsen e Sarah Silverman nos papeis secundarios. O filme marcou a segunda colaboración entre Carell e Stone despois de Amor estúpido e tolo, e a segunda colaboración entre Riseborough e Stone dende Birdman.
Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2017, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Fox Searchlight Pictures o 22 de setembro de 2017.[6] Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que elixiou as interpretacións de Stone e Carell, así como a dirección. Malia a boa acollida da crítica foi un fracaso de recadación, conseguindo só 18,6 millóns sobre un orzamento de 25 millóns de dólares.